viernes, 4 de diciembre de 2009

MURO DE BERLÍN


Foi parte da fronteira con Alemaña dende agosto 13, 1961, ata o 9 de novembro de 1989 e se estender por Alemaña Occidental na RDA ata ese ano [2]. O muro que se estendía por 45 millas, foi o que dividiu a cidade de Berlín en dúas e 115 millas entre a parte occidental da cidade do territorio da RDA. Foi un dos máis coñecidos símbolos da Guerra Fría e da división da Alemaña [3]. Moitas persoas morreron no intento de superar a dura fiscalización das gardas de fronteira da RDA coma eles dirixíronse para o sector occidental. O número exacto de vítimas é obxecto de litixio, e non se coñecen con certeza. Promotores de Berlín, considera que o saldo total de 270 persoas, incluíndo 33 que morreron como consecuencia da detonación de minas. Mentres tanto, o Centro de Estudos Históricos en Potsdam, estimado en 125 o número total de mortes na área do muro.
Aproveito esta pequena entrada para recordar que esta semana xa pasada, estivo de aniversario o noso compañeiro Gabriel. O día 13 de Novembro cumpliu 15 anos, e no seu honor, buscamos durante a clase de sociais, feitos históricos que sucederon nesa data. Os que recollimos entre toda a clase e consideramos máis importantes foron:
• 1494: Os españois derrotan aos guanches e recuperan Tenerife.
• 1860: Promúlgase a constitución en Perú, sendo esta a de máis longa duración na súa historia.
• 1918: Firma do armisticio entre Hungría e os aliados na Primeira Guerra Mundial.
• 1923: Comeza a ditadura de Miguel Primo de Rivera en España.
• 1945: A Asemblea Constituínte proclama unánimemente a Charles de Gaulle xefe do goberno provisional francés.
• 2002: Inicio do afundimento do pretoleiro Prestige nas costas galegas (España), que se produxo finalmente o 19 de Novembro.
Por último, quería mencionar que fixemos unha micro-exposición na aula, na cal, puxemos información sobre as especias, así como algunhas pequenas mostras, que algúns de nós levamos por petición da nosa mestra.
Con isto, remato a miña publicación de hoxe. Saúdos e ata a próxima.

No hay comentarios:

Publicar un comentario