miércoles, 14 de octubre de 2009

SUCESOS do 5 e 6 de OUTUBRO

Na última semana de clase, ademáis do mapa europeo e, con motivo do aniversario, da nosa compañeira Malena, que cumplíu 16 anos, adicámonos a buscar acontecementos famosos do día 5 de outubro. Había unha gran cantidade de feitos interesantes, entre os cales, vou destacar:
• É o 278º día do calendario gregoriano.
• É o día mundial dos docentes.
• En 1934 ten lugar unha revolución en Asturias na que a clase obreira toma o poder durante 15 días facendo fronte ó goberno da República.
• En 1962, The Beatles edita o seu primeiro single, Love Me Do. Aquí vos deixo un enlace desa canción:
http://http://www.youtube.com/watch?v=zwqzRXDibeM

Estas foron algúns dos acontecementos que vimos do día 5 de outubro, pero como outro compañeiro, Javier, estaba de cumpleanos ó día seguinte, tamén buscamos feitos famosos do día 6 de outubro, etre eles:

• No 1750, Denis Diderot redactou o Prospectum, proxecto no que se basou a posterior Enciclopedia.
• No 1866, nos Estados Unidos, coséguese poñer a andar o primeiro automóvil movido por unha máquina de vapor, a pesares de que en Europa, xa se utilizara a bencina como combustible dous anos antes.
• No 1927, en Nova York, proxéctase "O cantante de jazz", a primeira película de cine sonoro.
• En 1989 morre Bette Davis, unha actriz estadounidense.

E así, remataron as clases desta última semana.
Polo de agora, non hai ningunha novedade máis da que informarvos, polo que me despido de vos ata a próxima actualización.

No hay comentarios:

Publicar un comentario