domingo, 30 de mayo de 2010

O BARÓN VERMELLO


O barón vermello ou Manfred Albrecht Freiherr von Richthofen (1892-1918), foi un aviador alemán que conseguiu derribar oitenta aeroplanos enemigos durante a Primeira Guerra Mundial antes de ser abatido na mañá do 21 de abril de 1918, preto do río Somme, no norte de Francia.

Heroe dos alemáns e respectado polos seus inimigos durante a Primeira Guerra Mundial, permitía escapar ás súas vítimas malferidas. A súa unidade foi responsable do derribo de 88 avións británicos de 151 que abateu a aviación alemá. Por ese motivo recibiu a medalla "Pour le Mérite". Os seus avións permitíanlle unha gran capacidade de maniobras e piruetas pero, sen embargo, a maioría das súas vitorias conseguiunas cun avión tipo Albatros.




No hay comentarios:

Publicar un comentario