domingo, 30 de mayo de 2010

LENIN


Lenin é o seudónimo de Vladimir Ilich Ulianov. Naceu no ano 1870. Foi un político e revolucionario ruso, adhereuse ó marxismo destacando como activista e teórico. A partir de 1903 encabezou a fracción bolchevique do partido socialdemócrata ruso e no 1917, xunto a Trostsky dirixiu a revolución de outubro. No 1922 proclamou a URSS. Foi tamén, o autor do desenvolvemento do capitalismo en Rusia (1899), do imperialismo, estado superior do capitalismo (1917), do Estado e da revolución (1917). Morreu no ano 1924.



O BARÓN VERMELLO


O barón vermello ou Manfred Albrecht Freiherr von Richthofen (1892-1918), foi un aviador alemán que conseguiu derribar oitenta aeroplanos enemigos durante a Primeira Guerra Mundial antes de ser abatido na mañá do 21 de abril de 1918, preto do río Somme, no norte de Francia.

Heroe dos alemáns e respectado polos seus inimigos durante a Primeira Guerra Mundial, permitía escapar ás súas vítimas malferidas. A súa unidade foi responsable do derribo de 88 avións británicos de 151 que abateu a aviación alemá. Por ese motivo recibiu a medalla "Pour le Mérite". Os seus avións permitíanlle unha gran capacidade de maniobras e piruetas pero, sen embargo, a maioría das súas vitorias conseguiunas cun avión tipo Albatros.