sábado, 20 de marzo de 2010

KARL MARX

Neste tema, estudiamos a Karl Marx, cando tocamos o liberalismo, por eso vos deixo con esta entrada:


Marx, foi un economista-filósofo. Marx renuncia a facer filosofía pura, para estudiar filosóficamente a situación económica, co fin de transformala mediante a acción política. Para Marx, a filosofía non vai a consistir en tratar temas filosóficos, sinon en enfrentarse filosóficamente coa realidade para adaptala ás exixencias e necesidades do home, en concreto, Marx diríxese á realidade económica. A filosofía marxista é unha forma de materialismo, á que se lle chama materialismo dialéctico.
As ideas de Marx, defendían o liberalismo.

REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

O cambio que se produciu na Historia Moderna de Europa polo cal se desencadea o paso dende unha economía agraria e artesanal a outra dominada pola industria e a mecanización é o que denominamos Revolución Industrial. Tivo a súa orixe en Gran Bretaña dende mediados do século XVIII.

Como non me deixa subir videos, deixovos un enlace para que vexades un vídeo, en que explica a revolución: http://www.youtube.com/watch?v=ikTKgJmEzYs

Os cambios principais que se produciron na Revolución Industrial foron: o uso de novos materiais como o ferro e o aceiro. Tamén se descubriron novas fontes de enerxía como o carbón.






A máquina de vapor, tamén foi un gran invento que favoreceu moito esta revolución. As importantes melloras nos transportes (trens e barcos de vapor) e a crecente interacción entre a ciencia e a industria, tamén son elementos que podemos destacar. A revolución Industrial, traerá con ela, unha importante mellora, que fará posible o suministro de alimentos para unha población humana, que vai en ascenso.