sábado, 30 de enero de 2010

REVOLUCIÓN FRANCESA

Durante o último mes, na clase de historia, estivemos estudando a revolución francesa, tema do cal, teremos un control a próxima semana. A continuación, expoño un pequeno resumo desta etapa:


A revolución francesa foi o cambio político máis importante que se realizou en Europa, a finais do siglo XVIII. Non só foi importante para Francia, sinon que serviu de ejemplo para outros países, onde se desataron conflitos sociais similares, en contra dun réximen anacrónico e opresor , como era a monarquía. Esta revolución significou o triunfo dun pobo pobre, oprimido e cansado das inxustizas, sobre os privilegios da nobreza feudal e do estado absolutista. Durante o reinado de Luis XIV (1643-1715)Francia atopábase baixo o dominio dunha monarquía absolutista, o poder do rei e da nobleza era a base deste réximen, pero en realidade o estado, encontrábase nunha situación económica bastante precaria, que se foi agravando polo mal goberno de Luis XV (bisneto de Luis XIV), e que tocou fondo durante o reinado de Luis XVI, gobernante ben intencionado, pero de carácter débil, polo que lle chamaban “El buen Luis”.


(A imaxe pertence a Luis XIV)

A continuación colgarei un vídeo que nos axuda a entendelo dunha maneira mais amena:



Polo de agora isto é todo, o próximo mes habrá máis novidades.
¡Un saúdo ata entón!